A Revista       Buscar en Rexurga       Bases de Datos Gratuítas       Novas       Participación       O Dato Útil       Ligazóns   
  Martes, 19 de marzo de 2024
A Revista > Presentación
Presentación


O 21 de xaneiro de 1992, un grupo de 23 xuristas, catedráticos, fiscais, profesionais da avogacía, da xudicatura, do secretariado xudicial, e funcionarios, todos traballando en Galicia, comprometémonos cun labor do cal a constitución dunha Asociación, foi a primeira consecuencia, e este sitio web é o último froito.

O obxectivo inicial da Asociación foi a publicación dunha revista, a REVISTA XURÍDICA GALEGA (REXURGA), que acadase e dese a máis completa e selectiva información da realidade aplicativa do Dereito
Pero, asemade, sen esquecer a desexable participación no debate doutrinal que suscitan os problemas prácticos que xorden decotío.

Desde a súa constitución, REXURGA vén tentando satisfacer esa demanda: cumprindo o seu compromiso de puntual presenza, pasando mesmo de periodicidade cuadrimestral a trimestral; tamén, engadindo ao equipo inicial de responsables un meirande grupo de colaboradores; e, ao mesmo tempo, aumentando o abano de seccións, ata acoller seccións específicas, asumidas polo Colexio Notarial e polo Colexio de Rexistradores da Propiedade de Galicia

A día de hoxe leva publicados xa máis de 40 números e unha ampla escolma de monografías.

O ámbito de reflexión vén sendo desde sempre, de xeito absolutamente prioritario, a realidade da aplicación do Dereito en Galicia, e o Dereito de Galicia, o que non impide concretas atencións a problemas doutrinais e aplicativos máis xerais

A necesidade de mellorar o acceso á información publicada, remediando a dificultade que implica manexar moitos volumes de exemplares en soporte papel, así como, asemade, a de facilitar a información que se publique cunha maior inmediatez temporal, obriga a reestruturarmos o sistema de publicación acudindo ao uso da canle que comporta INTERNET, creando un sitio web no que poida facilitarse o contido da REXURGA.


O novo proxecto de Rexurga

Xunto cos obxectivos de rapidez e facilidade de uso, REXURGA pretende, ao acudir ao sistema de publicación en Internet, enriquecer o servizo prestado:
  • Asumindo e dirixindo a instauración e participación en foros abertos como instrumento que considera especialmente útil para atopar prontas e serias reflexións sobre aqueles problemas xurídicos máis actuais
  • Establecendo un servizo de publicación de novas atinentes á realidade da tutela xudicial, da actividade lexislativa, ou, mesmo, do ámbito do desenvolvemento do traballo dos profesionais

A interactividade, que atura sen dificultade ese sistema de comunicación, facilitará a recepción de comunicacións por parte dos usuarios do sitio web da REXURGA, así como tamén a constatación de estados de opinión por medio de enquisas.

Este proxecto quere abordarse sen abandono da publicación en soporte papel, cando menos nos primeiros tempos da nova andaina.

Consello de Redacción
Coordinador:
D. Luciano Varela Castro

Edición:
D. José-Juan Barreiro Prado

Administración:
D. Eduardo-A. Sánchez Tato

Civil-Mercantil:
D. Antonio Moure Figueras
D. Juan Areses Trapote

Penal:
D. Benito Montero Prego

Social:
D. Javier Gárate Castro

Contencioso-Administrativo:
D. José-Luis de la Torre Nieto
rexurga.es (Revista Xurídica Galega)
e-mail: rexurga@rexurga.es
 
Páxina optimizada para 800x600, © rexurga.es
 Presentación   |   Subscribirse 
 Xurisprudencia   |   Colaboracións   |   As Nosas Leis 
 Lexislativa   |   Xurisprudencia   |   Ditames 
 Novas de Rexurga   |   Quiosco de Prensa   |   Novas da Xunta de Galicia 
 Documentos de Interese   |   Xanela Aberta   |   Foro 
 Calendario Festivo   |   Tipo de Xuro Xeral   |   Salario Mínimo Interprofesional   |   Indemnizacións Laborais   |   Directorio de Xulgados 
 Normas Urbanísticas en Galicia   |   Mapas de Galicia   |   Meteoroloxía   |   Cámaras Web 
 Administracións Xudiciais e Fiscais   |   Editoriais Xurídicas   |   Tribunais   |   Universidades